CAMELIAS

San Brais: Chascarraschás

19xan21:00San Brais: ChascarraschásAS NOSAS FESTAS | De balde21:00(GMT+01:00) Bembrive

Detalles do eventos

Aínda que a festa grande celébrase o sábado 3 de febreiro, día de San Brais, unha vintena de furanchos xa están abertos en Bembrive e a programación musical arrancou hai uns días. San Brais é sen lugar a dúbidas a festa máis popular da parroquia de Bembrive e nos últimos anos ten captado a atención de vigueses e foráneos que se achegan ata a parroquia viguesa para probar o cocido, o viño e bailar ao ritmo da música tradicional.

A comisión de festas ten programadas varias actuacións musicais ao longo destas semanas nas que participan grupos como Os Carunchos, Os Escaravellos e por suposto Pelepau, unha agrupación que naceu ao abeiro desta festividade e que todos os anos podemos gozar en directo en Bembrive.

Ademais do programa musical impulasado pola comisión, algúns furanchos tamén teñen programación propia como o Furancho Endulza Tu Vida que esta fin de semana acolle os concertos d’Os Vilariños o venres 19 e Os Terribles de Donas e a Batucada Bate no Cobre o sábado. Pero, por suposto, todo romero é convidado a levar o seu o instrumento e tocar uns temas!

Máis

Hora

19 xaneiro, 2024 21:00(GMT+02:00)

Localización

Bembrive

Estrada de Bembrive, 260, 36313 Vigo, Pontevedra

Other Events