REVISTA FEBREIRO

03febTodo o díaSan BraisAS NOSAS FESTAS | De balde(Todo o día: martes)(GMT+01:00) Bembrive

Detalles do eventos

A parroquia de Bembrive xa está inmersa na celebración da súa festa máis emblemática. Os furanchos xa están abertos e a San Brais prolongarase ata o martes 3 de febreiro, día grande da romaría. Nesta reportaxe do 2025 pasado falamos con organizadores, furancheiros e varias xeracións de músicos.

Furanchos

Durante o San Brais, garaxes, alpendres e baixos de vivendas transfórmanse en furanchos improvisados onde se serven viños e tapas tradicionais. Estes espazos efémeros son a alma da festa: lugares de reunión nos que a música soa de maneira espontánea e onde é habitual atopar grupos de persoas cantando, tocando e compartindo mesa.

Como novidade, este ano creouse a sanblasiña, unha cartilla que podemos ir selando nos furanchos que visitemos. Se se conseguen os 21 selos, éntrase no sorteo dun lote de produtos para cociñar un cocido. O sorteo celebrarase o día 3 e publicarase a persoa gañadora nas redes sociais de Bembrive en festas

Nesta edición hai 21 furanchos repartidos por toda a parroquia. A maioría están abertos de 19:00 a 1:00 h de luns a xoves, de 11:00 a 4:30 h, venres e sábados e ata a 1:00 h os domingos.

Música

A música tradicional é un dos piares fundamentais da celebración. Gaitas, pandeiretas, bombos e cantos populares acompañan o percorrido polos furanchos, tanto en actuacións organizadas como en xuntanzas improvisadas. Se sabemos tocar algún instrumento tradicional, é o lugar idóneo para practicar ou presumir de habilidades.

Estas son as actuacións propostas desde a comisión organizadora, os furanchos e a veciñanza tamén organizan recitais que non están nesta lista :

Venres 9 de xaneiro, 21:00 h – Itinerante – Cans de Palleiro
Sábado 10 de xaneiro, 20:00 h – Palco Vello – Serán Popular
Venres 16 de xaneiro, 21:00 h – Itinerante – A.C. Sadeo
Sábado 17 de xaneiro, 20:00 h – Itinerante – Sacho Dixen
Venres 23 de xaneiro, 21:00 h – Itinerante – Chascaraschas
Sábado 24 de xaneiro, 12:00 a 13:00 h – Itinerante – Festicultores
Sábado 24 de xaneiro, 20:00 a 21:30 h – Grupo de Gaitas Atlántida de Matamá
Venres 30 de xaneiro, 21:00 h – Itinerante – Gaiteiros da Ría
Sábado 31 de xaneiro, 18:00 a 19:30 h – Palco do Torreiro – A.C. Traspés, pandeireiros e charanga
Sábado 31 de xaneiro, 20:00 a 22:00 h – Palco do Torreiro – Son das Tabernas
Domingo 1 de febreiro, 10:00 h – Itinerante + Praza do Mosteiro – Banda de gaitas Charamuscas
Domingo 1 de febreiro, 11:30 h – Itinerante – Charanga Costamekrélos
Martes 3 de febreiro, 10:00 h – Itinerante – Banda de gaitas, cornetas e tambores Ría de Vigo

Hora

3 febreiro, 2026 Todo o día(GMT+01:00)

Localización

Bembrive

Estrada de Bembrive, 260, 36313 Vigo, Pontevedra

Other Events