Samba da Batea + Bate no Cobre + DJ Nu Eva
Detalles do eventos
Un día antes do concerto de Ailá, a sala Rebullón acollerá a estrea por todo o alto dun novo grupo: Samba da batea. Nacidos baixo
Detalles do eventos
Un día antes do concerto de Ailá, a sala Rebullón acollerá a estrea por todo o alto dun novo grupo: Samba da batea. Nacidos baixo o aroma das rías baixas, a banda defínese como “nove mexilóns mesturando música brasileira con pinceladas de funk e música galega”.
O espectáculo terá lugar este sábado 21, a partir das 22 horas, con entradas en anticipada desde 12 euros. Mais Samba da batea non chegan sós. Ao público agárdalle toda unha festa con tres grupos sobre o escenario. A apertura correrá a cargo da percusión de Bate no cobre, que porá o ritmo á previa coa súa batucada. Despois, Samba da batea presentarase oficialmente como formación co seu directo e, para pechar a noite, unha sesión afrosamba a cargo de DJ Nu Eva. Para non perdelo.
Máis
Hora
21 decembro, 2024 22:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain