outubro, 2019

31out22:00Samaín na ríaAS NOSAS FESTAS | 39,00 €22:00 Estación Marítima

Máis

Detalles do evento

A Naviera Mar de Ons aposta novamente polo lecer marítimo nocturno e pon en marcha, un plan de lecer diferente para a noite máis terrorífica do ano, a noite de Samaín. O xoves 31 de outubro, coincidindo coa ponte do 1 de novembro, o turismo de Vigo terá unha oportunidade de lecer en pleno outono con Naviera Mar de Ons un “Especial Halloween”.

Novamente, a naviera confía nas posibilidades que ofrece a ría e por iso pon en marcha esta iniciativa onde os pasaxeiros gozarán navegando mentres saborean unha cea a bordo elaborada especialmente para a ocasión e adaptada á época na que estamos. Unha vez máis, a música poñerá a guinda á festa cunha sesión de DJ que durará ata a 01.00 h. A saída desde o Porto de Vigo está prevista para as 22.00 h e haberá sorteos entre todos aqueles pasaxeiros que acudan disfrazados.

As entradas poden reservarse xa na dirección web: www.mardeons.com ou chamando ao 986 225 272 (custo por persoa: 39 euros).

É a primeira vez que se organizan este tipo de festas fóra dos meses de verán. Desde a naviera destacan a gran acollida que tiveron este tipo de eventos este último verán, como foi a súa última iniciativa “Un Mar de Noites” que combinaba a música en directo con cea a bordo. A naviera conta con experiencia neste tipo de eventos nocturnos sendo tradicional xa entre as súas propostas os Lumes de Bouzas, as Bágoas de San Lorenzo, e os Lumes de Sanxenxo. A naviera aposta pola organización de eventos de lecer diferentes e nos que o mar se converte en protagonista indispensable en todas as épocas do ano.

Hora

(Xoves) 22:00

Lugar

Estación Marítima

Rúa Cánovas del Castillo, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

X