
Salvaxesons: The Broke vs. Lontras
Detalles do eventos
O festival The Wild Fest organiza a segunda edición do concurso de bandas Salvaxesons II. A segunda fase do concurso consiste en cinco duelos nos que se
Detalles do eventos
O festival The Wild Fest organiza a segunda edición do concurso de bandas Salvaxesons II. A segunda fase do concurso consiste en cinco duelos nos que se enfrontarán dez bandas galegas. Todos os concertos son na zona exterior do Centro Comercial Vialia e de balde.
Cada venres, desfrutaremos dunha batalla entre dúas bandas galegas. Só unha pasará á final. A asistencia e participación do público é fundamental xa que o voto do mesmo conta un 70%; o outro 30% está en mans dun xurado profesional.
Programa de duelos de Salvaxesons
Todos os concertos son ás 20:15h en CC Vialia Estación de Vigo
Venres 3 de maio – SANNY vs. NIÑOLOBO
Venres 10 de maio – MARTIN HUMAN vs. LAW
Venres 24 de maio – THE LELLI KELLY’S vs. GARGANTÚA
Venres 31 de maio – SUPERGLÚ vs. FROJÁN
Venres 7 de xuño – THE BROKE vs. LONTRAS
A final será o venres 30 de agosto dentro do festival The Wild Fest e nela participarán o cinco gañadores dos duelos. O gañador recibirá 100 € o segundo 400 € e o terceiro 300 €.
A sexta edición de The Wild Fest celébrase do 30 de agosto ao 1 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia. Contará con actuacións musicais, espectáculos familiares e cine medioambiental ao aire libre.
Máis
Hora
7 xuño, 2024 20:15(GMT+01:00)
Localización
CC Vialia
Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra