
29abr21:00Salvaxesons: Sanny vs The Mob SwingCONCERTOS | De balde21:00 Cañaveral
Detalles do eventos
Continúa o concurso de bandas Salvaxesons, organizado polo festival The Wild. Nesta ocasión enfréntanse a cantautora Sanny e o grupo The Mob Swing. O voto do público e
Salvaxesons: Sanny vs The Mob Swing
Continúa o concurso de bandas Salvaxesons, organizado polo festival The Wild. Nesta ocasión enfréntanse a cantautora Sanny e o grupo The Mob Swing. O voto do público e do xurado escollerá ao artista que pase á seguinte ronda.
Programa de duelos de Salvaxesons
Todos os concertos son ás 21h en Cañaveral
Sábado 15 de abril – The Broke vs. Carla Lourdes
Sábado 22 de abril – The Riggos vs. Abrigo
Sábado 29 de abril – Sanny vs. The Mob Swing
Sábado 13 de maio – Blue Merrow vs. Another Wasted Year
Sábado 27 de maio – The Mirror vs. Mad Mission
As cinco bandas gañadoras dos duelos recibirán un abono para desfrutar dos tres días de The Wild Fest e pasarán á terceira e última fase de Salvaxesons: unha actuación no escenario principal de The Wild Fest o 23 de xuño onde o xurado decidirá aos tres gañadores. Os premios serán de 600€, 300€ e 100€.
Máis

(Sábado) 21:00
Cañaveral
Praza Porta do Sol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra