BIBOPALULA

21xuñ19:00Salvaxesons III: Baba Sall + Martin Human + Tonikash + GargantúaCONCERTOS | De balde19:00(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

A terceira edición do concurso de bandas Salvaxesons, organizado polo festival The Wild, celebra a súa fase de duelos no C.C. Vialia, onde se decidirán as catro bandas finalistas. A primeira parte dos duelos se celebra o 14 de xuño, a partir das 19:00 h, e a segunda o 21 de xuño á mesma hora.

As bandas participantes son as seguintes:

  • Exeria: Banda de catro membros con letras en galego e un estilo que bebe do grunge, o stoner, o rock dos 90 e mesmo o britpop. En 2024 lanzaron o seu primeiro EP Sobre a independencia, un traballo que contén cinco cancións moi variadas, lírica e musicalmente.
  • Nave: Grupo de rock alternativo que combina experimentación sonora e unha produción de alta calidade. Está formado por catro membros: compositor e cantante, batería, guitarra e baixo.
  • Why not?: Grupo de indie rock que nace dos intereses creativos de catro amigos de toda a vida. O resultado é unha repertorio ecléctico no que atopamos mesturados xéneros máis clásicos como o blues ou o jazz ata máis modernos como o punk, o emo ou o rock progresivo.
  • Supergigante: Supergigante é o proxecto persoal de Eduardo Valcárcel. A banda complétana á batería Alejandro García, e Raphael Souza ao baixo. Teñen un son fresco con referencias ao rock británico, o grunge e o indie. Teñen publicados un EP e un LP e este ano publicarán o seu segundo disco Camino de Eros.
  • Baba Sall & Raka Ndao: Artista senegalés que vive nunha aldea de Ourense. Interesado no reggae desde neno, fundou Baba Sall & Raka Ndao nas Canarias, hai máis de dez anos, xunto a músicos de varios continentes. Experimentan coa fusión de ritmos e culturas de África e Sudamérica e as súas letras están cargadas de mensaxes sociais.
  • Martin Human: Formada por catro membros: voz, baixo, batería e guitarra eléctrica. Beben do rock e o grunge estadounidenses dos 90 e os 2000. En 2022 publicaron o seu primeiro EP autoproducido Anomaly, e en 2024 publicaron dous singles. Gustaranche se escoitas grupos como White Buffalo, Pearl Jam ou Foo Fighters.
  • Tonikash: Trío de country e rock que traen a música do lontano oeste a terras galegas. Formada Tony (guitarra e voz), Javi (voz e armónica) e Charlie (guitarra e lap steel). Lembran tanto a referentes clásicos (Johnny Cash, Hank Williams) como contemporáneos (Billy Strings, Sierra Ferrell).
  • Gargantúa: Banda ourensá de música indie e alternativa formada por cinco músicos. Teñen un disco (Modelo Uno) e un EP (Dramabot) publicados e o ano pasado foron gañadores do concurso de creación musical da SGAE.

Os duelos serán:

  • 14 de xuño: Exeria VS Nave ; Why Not? VS Supergigante
  • 21 de xuño: Baba Sall VS Martin Human; Tonikash VS Gargantúa

Este concurso ten como obxectivo promover e difundir a música independente, así como fomentar os novos talentos musicais dentro de Galicia. Búscase apoiar a música emerxente de calquera xénero, premiando a orixinalidade, a innovación, a experimentación e a fusión de sons e linguaxes diversos.

O público elixirá a banda gañadora de cada un deles cos seus votos, en conxunto co voto de calidade do xurado. As catro bandas vencedoras dos duelos pasarán á final do concurso que se celebrará no escenario principal de The Wild, o venres 5 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia. Repartiranse un total de 1.800 € entre os catro finalistas, segundo a votación do xurado.

Máis

Hora

21 xuño, 2025 19:00(GMT+02:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events