Galaxia

agosto, 2022

19ago21:00Salvador Sobral e Abe Rábade, e La Zowi, novas confirmacións do TerraceoCONCERTOS | Desde 23,00€21:00 Mar de Vigo

Salvador Sobral e Abe Rábade, e La Zowi, novas confirmacións do Terraceo

O artista portugués Salvador Sobral acompañado do galego Abe Rábade ao piano, e La Zowi, novas confirmacións do Festival TerraCeo. Actuarán o 19 de agosto e o 8 de xullo, respectivamente. As entradas xa están á venda a través de teuticket.com

A terceira edición do Festival TerraCeo ianugurarase a vindeira fin de semana cos concertos de Anni B Sweet + Law o 6 de maio e o dúo alemán de música electrónica Digitalism + Mwëslee o día 7.

Abe e Salvador conservan unha amizade forxada desde a admiración mutua. Divírtense improvisando, probando novos temas, musicando poemas, ou interpretando standards clásicos do jazz desde outra perspectiva. Ou mesmo querendo converter en standards de jazz, pezas do folclore galego e portugués. En definitiva, un concerto inclasificable, que busca a beleza e a liberdade na interpretación, sen etiquetas, sen estilos, coa xenuína achega de cada un deles dous e que gozaremos o 19 de agosto na terraza do Mar de Vigo. Salvador Sobral, cantante lisboeta, saltou á fama por ser o único gañador portugués do Festival de Eurovisión, logrado coa máxima puntuación conseguida ata o momento. O seu prestixio non se quedou nese evento, e foi capaz de labrarse unha potente carreira e o que é máis importante, un prestixio como músico e intérprete, demostrando que a súa vitoria no certame non foi unha casualidade. Ofreceu infinidade de concertos nos mellores teatros e festivais de Europa, e os concertos sempre terminan da mesma maneira, co público aplaudindo en pé. Abe Rábade, pianista e compositor compostelán, é un dos músicos máis reputados da escena jazzística. Cunha carreira nacional e internacional que vai camiño de ser un fito nun músico de jazz ibérico.

La Zowi comezou facendo música co colectivo Atlanta 808 Mafia, colaboradores de Cardi B e seguiu traballando coas producións experimentais de Zora Jones, con quen asinou o himno “Obra de Arte”, creando unha reinterpretación do xénero que mesturaba reggaeton escuro, trap e un sólido manifesto sobre o poder e o sexo. As súas últimas colaboracións internacionais colocárona nun lugar privilexiado dentro da escena: xunto ao chileno Harry Nach, con super estrelas do dembow dominicano como Chimbala, traperos italianos como Gallagher ou con Namasenda e A. G. Cook para PC Music. Iso xunto a temas como “Matrix” ou “Terapia de choque” son a previa perfecta ao seu próximo álbum, que verá a luz este 2022.

Máis

X