Detalles do eventos
O vindeiro sábado 5 de setembro, Salceda de Caselas volverá encherse de música, festa e moito ambiente coa celebración da quinta edición do Festival de Charangas, unha cita que medrou
Detalles do eventos
O vindeiro sábado 5 de setembro, Salceda de Caselas volverá encherse de música, festa e moito ambiente coa celebración da quinta edición do Festival de Charangas, unha cita que medrou ano tras ano ata converterse nun dos eventos máis destacados deste formato en Galicia.
Nesta edición participarán charangas chegadas de distintos puntos de Galicia e tamén de fóra da comunidade, nunha xornada pensada para desfrutar da música de rúa e do ambiente festivo durante todo o día. O festival conta xa con máis de 18 peñas inscritas, que reúnen arredor de 500 persoas. Un dos grandes atractivos da xornada é que a participación é totalmente gratuíta.
Aínda que o prazo de inscrición xa rematou, a festa está aberta a todo o mundo. As peñas que participen poden acudir por libre e, se queren, levar unha vestimenta ou temática común.
Programación
A programación comezará ao mediodía coa comida de charangas e peñas, unha das novidades desta edición, que reunirá participantes e público antes do inicio das actuacións da tarde.
A continuación, dará comezo o tradicional Pasabares, un percorrido musical polos diferentes locais de hostalaría do centro de Salceda de Caselas, no que as charangas irán animando as rúas e os establecementos, creando un ambiente continuo de festa.
Xa pola noite, todas as agrupacións volverán coincidir nunha gran festa final, convertendo Salceda de Caselas nun auténtico punto de encontro para os afeccionados ás charangas e para as centos de persoas que cada ano se achegan a vivir esta cita.
Charangas participantes
Nesta quinta edición actuarán:
- New Tocados – Madrid (na súa última xira)
- Os Caliqueños – Ourense
- Os Jalaticos – Pontevedra
- Costamekrelos – Vigo
- Charanga Sghae – Salceda de Caselas (charanga anfitrioa)
Hora
5 setembro, 2026 12:00(GMT+02:00)
Localización
Salceda de Caselas
Hoxe móvese
setembro



