REVISTA A MOVIDA >

10mai20:3021:00Saibran + LumedoloopConcertos | Desde 15,00 € 20:30 - 21:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Lumedoloop, trío finalista na categoría de Músicas Urbanas nos Premios Martín Códax 2026, chega este domingo a Mos. Rap en estado puro fará vibrar a sala Rebullón cun concerto dobre no que, ademais de Lumedoloop, tamén Saibran presentará o seu debut discográfico. 

Saibran é o proxecto persoal de Cibrán García, a metade de Boyanka Kostova. O rapeiro de Santiago vén de lanzar o seu primeiro disco, Atardecer Harmonioso con Gotas de Primavera, que presenta en directo acompañado de Julián Goicoa ao baixo e Fiz García á batería. O seu primeiro traballo, que se enmarca dentro dunha triloxía de rap en galego con instrumentación moi orgánica e unha concepción conceptual do crepúsculo ao amencer, mestura rap clásico en galego con moita instrumentación analóxica e unha progresión rítmica que vai de temas máis pausados a cortes máis rápidos.

Lumedoloop, pola súa banda, son Jamas, Møu e DJ Mil: tres referentes do hip hop galego que presentan en directo (Re)existencia, o seu primeiro LP conxunto. Sobre o escenario, os artistas despregan o triángulo conceptual do disco: a Rexistencia como o lume da loita, a Reexistencia como o loop da transformación e a Existencia como o froito de resistir e transformarse, a presenza plena. O flow magnético e a poética afiada de Jamas, a narrativa sonora de Møu e a técnica milimétrica de DJ Mil constrúen un concerto intenso, dinámico e sen concesións. Trátase dunha viaxe que atravesa a poesía máis esixente, a denuncia social, a retranca como arma e a introspección máis fonda a través dunha proposta escénica firme, honesta e sen artificios. É rap en estado puro.

Entradas

Hora

10 maio, 2026 20:30 - 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events