SACAR A LA LUZ. LA MEMORIA DE LAS RAPADAS

14dec20:00SACAR A LA LUZ. LA MEMORIA DE LAS RAPADASACTIVIDADES PARA O COCO | 5,00€20:00(GMT+01:00) Multicines Norte

Detalles do eventos

Ateneo Atlántico organiza a presentación de ‘Sacar á Luz, Memoria das rapadas’. A proxección, con coloquio posterior, terá lugar o martes 14 de decembro, ás 20 horas, nos Multicines Norte.

Entradas á venda a través da web www.multicinesnorte.eu

SINOPSE
Sacar á luz é un moi suxestivo título para un documental polo que ten de crear expectativa respecto ao que está oculto, agochado, o que é non nato.

Pero se de memoria histórica falamos, engadimos o tráxico compoñente de todo aquilo que foi silenciado, que non se transformou en relato porque permaneceu oculto nas gorxas das vítimas por medo, por pánico, por vergoña ou por sentimento de culpa.

Nun exercicio de dignificación social, as irmás Gema e Mónica del Rey Jordá (artistas integrantes de Art al Cuadrat) e a psicóloga e antropóloga María Dolores Martín Consuegra Martín Fontecha, realizan o documental co devandito título, nomeado a 7 premios Goya na actual edición.

Nel relátanse as memorias de mulleres que foron rapadas durante o franquismo, xunto con testemuñas das súas fillas e netas, así como de persoas investigadoras sobre o tema; a través dun exercicio inter-xeracional vanse debullando as causas e consecuencias do silencio.

O rapado do cabelo escondía as humillacións, desprezos, torturas, violacións e os desfiles moitas veces baixo os efectos do aceite de ricino. Unha vez máis, utilizar o corpo da muller para humillar os vencidos.

A cinta relata o sufrimento que marcou a vida de varias xeracións, nun fío que pretende ter un efecto terapéutico e pedagóxico para toda a sociedade e dar a coñecer o pasado para dignificar as vítimas.

Para que non nos asolague un Río de Esquecemento, para curar os hematomas dos ósos baixo terra que non serán po mentres non se saque á luz o que agocharon. Por iso a necesidade de documentais como o que agora o Ateneo Atlántico presenta.

Máis

Hora

(Martes) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events