CASTRELOS 25

12out21:30Sabela CONCERTOS | Desde 12,00€21:30(GMT+02:00) Sala Master Club

Detalles do eventos

A artista galega chega á Masterclub despois de levar o seu directo a algunhas das grandes cidades de España. En 2024, a de Ourol tocou en grandes salas de Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Oviedo, León, Valladolid, Xaén, Salamanca, Logroño, Ponferrada, Palencia e Tafalla. Tamén foi a protagonista de festivais como o Festival do Pasatempo ou SonRías Baixas, así como de Galicia Escena PRO, a maior feira de artes escénicas de Galicia, cun concerto en Santiago de Compostela co que puxo fin á primeira parte da súa xira. Sumando as datas anunciadas, o tour de Sabela escala a 25 presentacións en vivo.

En Vigo, Sabela presentará o seu novo tema “Eu Espero Aquí”. Unha proposta ambiciosa de levar o seu xa característico pop electrónico a un son máis internacional, pero mantendo ben presentes as súas raíces. Este sinxelo é o segundo adianto, tras “Hi, My Love”, do seu novo EP, que espera ver a luz en medio do tour, a finais deste ano 2024.

Entradas

Máis

Hora

12 outubro, 2024 21:30(GMT+02:00)

Localización

Sala Master Club

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events