xullo, 2021

Este é un evento repetitivo

03xul22:00Sábados astronómicosACTIVIDADES PARA O COCO | 6,00 €22:00 VigoZoo

Detalles do eventos

O mundo da astronomía será o protagonista das fins de semana deste verán en VigoZoo, que celebra os seus primeiros 50 anos de vida con tres diferentes actividades: Sábados astronómicos, Astronomía en VigoZoo (para nenos) e Noite das Perseidas.

Sábados astronómicos
Desenvólvense o sábado 26 de xuño, todos os sábados do mes de xullo e todos os de agosto, excepto o último. As persoas participantes, en grupos de 25, poderán aprender con actividades de astronomía e observación de estrelas entre as 22:00 horas da noite e ata as 00:00 horas da madrugada.

A filosofía Startlight, a traxectoria dos astros, nocións de uso do telescopio e os prismáticos para observación dalgunha galaxia, localización con punteiro láser das constelacións, nocións de mitoloxía…

Para sumarse ao programa é preciso facer reserva previa, no teléfono 986267783. As actividades desenvolveranse cumprindo as medidas de seguridade sanitaria vixentes en cada momento.

Máis

Hora

(Sábado) 22:00

Localización

VigoZoo

Plaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra

X