REVISTA ABRIL

XXV anos ruxindo

30abr19:00XXV anos ruxindoCONCERTOS | Desde 10,00€19:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Este sábado 30 de abril celebra na Sala Rebullón o 25 aniversario da banda Ruxe Ruxe. Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.

Con motivo do aniversario32 bandas galegas gravaron un disco homenaxe, reunindo boa parte da heteroxénea escena muisical galega. Algunhas destas bandas estarán sobre o escenario da Sala Rebullón este sábado. Factoría de subsistencia, en sesión vermú, e, a a partir das 19:30h actuarán Zenzar, Urko, Desequilibrio mental e os homenaxeados Ruxe Ruxe.

As entrádas teñen un custo de 10€ anticipadas e pódense mercar na Cantina As Pedriñas (a carón da Rebullón) e Cervexería Nós (Rúa Palma, 3 e Rúa de Venezuela, 13), así coma na plataforma dixital entradium.com

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events