Detalles do eventos
Despois de esgotar todas as prazas na primeira edición, volve este roteiro guiado por David Amoedo (@newtcrafts / @davidavgo) para seguir descubrindo o Vigo industrial e a súa historia esquecida.
Detalles do eventos
Despois de esgotar todas as prazas na primeira edición, volve este roteiro guiado por David Amoedo (@newtcrafts / @davidavgo) para seguir descubrindo o Vigo industrial e a súa historia esquecida.
Durante dúas horas, as persoas participantes pasearán polo Areal e Guixar, os primeiros polígonos industriais de Vigo e punto de partida do seu espectacular crecemento ao longo do século XX. O roteiro abordará as figuras dos Curbera, Portanet, Pumariega, Alonso, Badía…, así como das conserveiras e estaleiros que marcaron o carácter da cidade e a paisaxe da que hoxe apenas quedan vestixios.
A ruta está documentada con planos e fotografías e propón mirar Vigo con outros ollos: descubrir o que permanece, lembrar o que se perdeu e reflexionar sobre o patrimonio industrial da cidade.
O roteiro estará guiado por David Amoedo, debuxante e investigador vigués especializado en patrimonio industrial. Profesor de debuxo técnico e creador do proxecto Alzados, Amoedo leva anos estudando e divulgando a arquitectura industrial viguesa, ademais de ser coautor do libro Tranvías Eléctricos de Vigo.
O percorrido rematará en MUTA, cun viño e cunha pequena degustación de Calabizo (@calabizo_oficial) e Lamardelatas (@lamardelatas), dous proxectos galegos que recuperan o espírito da tradición conserveira e alimentaria mediante fórmulas sostibles e creativas.
Reserva a túa praza en muta@muta.gal ou no 664 697 611
Hora
9 novembro, 2025 11:00(GMT+01:00)
Localización
Parque María Xosé Queizán
Rúa de García Barbón, 104, Teis, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



