Ruta fotográfica "Costa da Vela -Cabo Home" – A Movida

maio, 2018

19mai14:00Ruta fotográfica "Costa da Vela -Cabo Home"RUTA FOTOGRÁFICA | 15,00€14:00 Donón

Máis

Detalles do evento

Espezará a ruta na escultura da caracola en Donón (14:00h) para percorrer un tramo da costa ata o monte do Facho que subiremos.
Dende o Facho poderás recrearte e fotografiar a panorámica das rías de Vigo, coa perspectiva da costa da Vela e as Cíes de frente, e a de Pontevedra coas Illas de Ons as nosas costas.
Descanso e comida (en plan picnic, as 17:00h) para despois voltar a Donón e dende alí a Cabo Home para iniciar a ruta dos faros.
O punto máis cercano ás Cíes, espectacular pola beleza dos seus acantilados e rompentes en contraste cos faros.
Poderedes fotografiar dende os faros o atardecer e posta de sol sobre as Cíes e a espectacular hora azul tras a posta do sol.

Podes inscribirte na andaina fotográfica no seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScEpg8euAcrbsTx6KtUMzzHvYMolh42T9HABvITgnLP-5NlZg/viewform

Hora

(Sádado) 14:00

Lugar

Donón

Donón 36945 Pontevedra

Organizador

X