
09mar21:30RUSTY NUTS + CHOKIS VUELVISCONCERTOS | Caixa inversa21:30(GMT+01:00) El Contrabajo
Detalles do eventos
Banda de punk rock formada en Carballo (A Coruña) por catro amigos (Manolo, Noel, Capi e Zas), que deciden cumprir un vello soño, aprender a
Detalles do eventos
Banda de punk rock formada en Carballo (A Coruña) por catro amigos (Manolo, Noel, Capi e Zas), que deciden cumprir un vello soño, aprender a tocar un instrumento de forma autodidacta e formar un grupo. Reciben influencias principalmente da escena punk californiana, aínda que beben de diferentes estilos como o hardcore melódico ou o punk rock australiano de finais dos 70, entre outros. Autoproducen e publican o seu primeiro EP “No Time” composto por 5 temas enérxicos en inglés, en maio de 2023. Desde ese momento empezan a dar os seus primeiros concertos, sendo finalistas da “Batalla de bandas” organizada polo FLORES ROCK CORUÑA. Destaca tamén a súa participación na XXVI edición do festival internacional XIRIA POP en setembro dese mesmo ano. O 25 de xullo, coincidindo co Día nacional de Galicia, publican o single “Luceiro e guía”, rendendo homenaxe a Castelao cun poema de Avelino Díaz, que figura no libro “11 poemas a Castelao”, publicado a título póstumo.
CHOKIS VUELVIS: banda de post hardcore. Banda de tres compoñentes, guitarra batería e un potente vocalista escudado por outras dúas variadas voces en castelán e galego.
Máis
Hora
9 marzo, 2024 21:30(GMT+01:00)
Localización
El Contrabajo
Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual