Este é un evento repetitivo9 novembro, 2025 20:00
08nov20:00Rumbo desconocidoESPECTÁCULOS | Desde 11,00 €20:00(GMT+01:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
Rumbo Desconocido é unha obra de teatro documento da compañía Utopian que combina humor, emoción e testemuños reais para reflexionar sobre a vida, os coidados
Detalles do eventos
Rumbo Desconocido é unha obra de teatro documento da compañía Utopian que combina humor, emoción e testemuños reais para reflexionar sobre a vida, os coidados e a morte desde unha perspectiva comunitaria e compasiva. Unha creación escénica que mestura actores profesionais e cidadáns, para construír, entre tod@s, unha historia coral sobre aquilo que nos une como humanidade: o final do camiño.
Sipnose: Guillermo e Matilda, dous vellos milenarios, acompañados pola cantante lírica Magnolia, convídannos a participar nun campionato do Xogo da Oca moi especial. A través deste xogo, propoñen unha viaxe reflexiva e poética cara ao segredo de vivir… e cara á certeza de morrer. Rumbo Desconocido é unha obra de teatro documento que combina interpretación profesional e participación cidadá. Oito persoas da comunidade Getxo Zurekin comparten os seus testemuños sobre o final da vida, os coidados e o duelo, construíndo un relato colectivo no que a palabra, o corpo e a música fan da escena un espazo de coidado e verdade. Un espectáculo horizontal e humano que invita a crear comunidades compasivas, visibilizando o que adoita permanecer oculto: a fragilidade, o acompañamento e a dignidade no tránsito final.
Hora
8 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra



