XERAIS

Este é un evento repetitivo

29mai20:00'Ruir: A porta pechada'ESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00) Teatro Permanente

Detalles do eventos

A última etapa deste percorrido sobre ‘A porta pechada’, na que se imaxina a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartre. Nesta ocasión, recupérase un texto inicialmente escrito en lingua francesa que tende a enredarse coas palabras para crear diálogos improbables e, por veces, desconcertantes. A aparente banalidade coa que abordan temas sombríos amplía o efecto de estrañeza, resultando difícil imaxinar se estas figuras estiveron, nalgún punto, dotadas de humanidade.

A proposta comeza coa aparición dun cativo duns cinco anos e, a través dese diálogo, vanse descubrindo as razóns terribles que o levaron ata alí.

Os pases deste espectáculo terán lugar o venres 29, sábado 30 e domingo 31 de maio.

Hora

29 maio, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Teatro Permanente

Rúa Abeleira Menéndez 7, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events