
Detalles do eventos
Directos Vibra Mahou amplía a súa programación de cara ó ciclo deste outono con catro novos concertos en Galicia. Carmen 113 e Victorias, Ilegales e Rufus T. Firefly
Detalles do eventos
Directos Vibra Mahou amplía a súa programación de cara ó ciclo deste outono con catro novos concertos en Galicia. Carmen 113 e Victorias, Ilegales e Rufus T. Firefly son os artistas que se suman ás actuacións musicais xa confirmadas. Concretamente, Vigo acolle a este último, ademais de Neverland Bari e Javier Lago.
Rufus T. Firefly, liderada por Víctor Cabezuelo e Julia Martín-Maestro, é unha banda considerada de culto dentro do panorama independente do noso país. A súa enerxía e son profundamente sofisticado foxe do evidente e constrúe, en cada produción e directo, un ambiente de maxia e rock con descoidos cara unha psicodelia pulcra e altamente adictiva.
En 2017, publicaron Magnolia (Autoeditado, Lago Naranja Records), unha alegación en defensa da arte, o amor e a natureza. A este seguiulle Loto (Autoeditado, Lago Naranja Records), que con perspectiva converteuse na segunda parte do anterior, co que lograron terminar de consolidarse como unha das bandas máis aclamadas do panorama. Máis tarde, saiu El Largo Mañana (Autoeditado, Lago Naranja Records), o disco que, nos últimos anos, estiveron presentando en salas e festivais de todo o país. Porén, esta exitosa xira chegou ó seu fin.
Agora, volven ó grande co lanzamento de Todas las cosas buenas, unha aposta pola beleza sonora e a sensibilidade en estado puro, cunha posta en escena que transforma cada concerto nunha experiencia multisensorial. O 10 de outubro presentan este último traballo na sala viguesa, Island Club.
DIRECTOS VIBRA MAHOU | AXENDA COMPLETA
- 19 de setembro – Neverland Bari + Javier Lago – Sala Supersonic (Vigo)
- 20 de setembro – Neverland Bari + Villanueva – Sala Pantalán (A Coruña)
- 3 de outubro – Carmen 113 + Victorias – Sala Malavida (A Coruña)
- 4 de outubro – Carmen 113 + Victorias – Sala Sónar (Santiago de Compostela)
- 10 de outubro – Rufus T. Firefly – Sala Island (Vigo)
- 22 de novembro – Ilegales – Sala Tebras (Lugo)
Máis
Hora
10 outubro, 2025 22:00(GMT+02:00)
Localización
Island Club
Pr. da Estrela, 8, Santiago de Vigo, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual