Detalles do eventos
Vigo converterase entre o 20 e o 24 de abril nun punto de encontro para o audiovisual coa chegada, por terceiro ano consecutivo, de Rueda Academia de Cine.
Detalles do eventos
Vigo converterase entre o 20 e o 24 de abril nun punto de encontro para o audiovisual coa chegada, por terceiro ano consecutivo, de Rueda Academia de Cine. O programa, impulsado pola Academia de Cine e co apoio do Concello a través da Vigo Film Office, inclúe unha completa axenda de actividades formativas e, especialmente, varias propostas abertas ao público xeral.
Un dos eixos principais da programación aberta á cidadanía serán as proxeccións con coloquio, que permitirán ao público achegarse de primeira man ao traballo dos creadores.
Martes 21 ás 18:30 h no Museo Marco – As liñas Descontinuas: Coa presentación previa de Anxos Fazáns, directora.
Mércores 22 ás 19:00 h no Auditorio do Concello – Miséricorde: Coloquio posterior con Alain Guiraudie, director.
Xoves 23 ás 18:00 no Museo Marco – Maspalomas: Coloquio posterior con Aitor Arregui, director.
Hora
23 abril, 2026 19:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Concello de Vigo
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra



