Rubén Fernández e Constance Hurlé – A Movida

abril, 2018

18abr21:00Rubén Fernández e Constance HurléFRER VOCAL JAM SESSION | De balde21:00 Contrabajo Club

Máis

Detalles do evento

Esta semana estará no Contrabajo Club Constance Hurlé, do mundo da poesía e a improvisación free co texto mentras Rubén Fernández a acompañará coa voz free.

Constance Hurlé.
Humanista, filologa clásica e cun máster en estudos do teatro, é unha apaixonada polo mundo da expresividade. Escribe reflexións e xoga coa lírica dentro e fora do escenario. Comenza co teatro de nena e o vínculo crece co tempo, nun periplo por diferentes disciplinas escénicas: teatro, danza e música. Descobre a súa propia linguaxe en Granada na escola integral do creador escénico Vladimir Tzekov. Na súa volta a Vigo dirixe e interpreta o seu primeiro espectáculo de poesía performativa “A mazá de Rosalía”, que dará paso á publicación do poemario b/i/c//m.o..r.d.i.d.o co seu espectáculo presentación “bic in progre[s]”. Actualmente, preséntase principalmente en solitario dando corpo e voz aos seus textos.

Como sempre haberá unha Jam cun carácter free, donde todo o que queira probar a súa voz vai poder facelo. Haberá un máximo de tres micros no escenario e a xente poderá ir subindo ao escenario entre tema e tema.

A única actividade puramente vocal da cidade.

Hora

(Mércores) 21:00

Lugar

Contrabajo Club

Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra

X