24xul22:00RozalénCONCERTOS | 10,00 €22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos
Detalles do eventos
A manchega Rozalén actuará o xoves, 24 de xullo, en Castrelos. Para asistir ao concerto, o luns 14 de xullo sairán á venda as 5.000 entradas dispoñibles, a
Detalles do eventos
A manchega Rozalén actuará o xoves, 24 de xullo, en Castrelos. Para asistir ao concerto, o luns 14 de xullo sairán á venda as 5.000 entradas dispoñibles, a un prezo de 10,00 €. O sistema de compra será o mesmo que o ano pasado: haberá opción presencial en Castrelos e tamén en liña, tanto en horario de mañá como de tarde (de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas). Cada persoa pode mercar un máximo de catro entradas. É preciso levar o DNI, tanto propio como unha copia do documento das outras persoas que van acudir, xa que as entradas son nominais e intransferibles.
Rozalén é unha das principais voces da nova canción de autor. Con catro traballos editados, cativou a público e crítica a partes iguais. No seu haber acumula distincións tan importantes como catro Discos de Ouro, dous de Platino, un Goya, o Premio Nacional de Músicas Actuais 2021, tres nomeamentos aos Latin Grammy ou a Placa ao Mérito Profesional de Castela-A Mancha. É unha das artistas de maior éxito en directo, congregando a miles de seguidores en cada un dos seus concertos.
Ademais, é unha importante activista social, defendendo coa súa música os dereitos das minorías e comunidades máis desfavorecidas. Sobre o escenario, sempre está acompañada por Beatriz Romero, intérprete de lingua de signos. Desta maneira, defende un espectáculo inclusivo e dirixido a todo o mundo.
En setembro de 2017, Rozalén presentou o seu terceiro disco Cuando el río suena…, precedido pola canción ‘Girasoles’ e co que alcanzou o #1 na lista de vendas española. Actualmente é xa Disco de Platino e mantívose durante máis dun ano no Top 5 dos discos máis vendidos en España. En 2019, a artista virou por España, Latinoamérica e Europa presentando este aclamado traballo, do que tamén se extrae o himno feminista ‘La puerta violeta’. Este traballo recibiu dous nomeamentos aos Latin Grammy: ‘Mellor disco’ e ‘Mellor canción’ do ano.
Tres anos máis tarde, en outubro de 2020, lanzou El arbol y el bosque, o seu cuarto álbum de estudo e do que se extraen cancións como ‘Este Tren’, ‘Y busqué’ ou ‘Aves enjauladas’; considerada esta última todo un himno en época de pandemia. Rozalén entrou directa ao número 1 da lista oficial de vendas española. Con ‘Que no, que no’, incluída na BSO de La boda de Rosa, a artista recibiu o seu primeiro Goya á ‘Mellor Canción Orixinal’ en 2021 e un novo nomeamento aos Latin Grammy como ‘Mellor disco de canción de autor’.
A partir de maio de 2021, a artista saíu de xira para presentar este traballo por toda España e parte do estranxeiro. Este mesmo ano obtivo o Premio Nacional de Músicas Actuais 2021 por “a súa sensibilidade e compromiso” e pola “calidade artística do seu traballo como compositora e intérprete”.
CALENDARIO DE CONCERTOS
- 12/7 Ana Belén | 10 €
- 16/7 Infantil: ¿De qué color es un beso? | Gratis
- 17/7 Gente de Zona | 10 €
- 18/7 Trueno | 12 €
- 21/7 The Black Keys | 15 €
- 24/7 Rozalén | 10 €
- 26/7 Coral Casablanca | Gratis
- 31/7 Vanesa Martín | 10 €
- 1/8 Ópera La Traviata | Gratis
- 3/8 Jason Derulo | 15 €
- 9/8 Ópera Turandot | Gratis
- 12/8 Infantil: La Bella y la Bestia | Gratis
- 15/8 UB40 ft. Ali Campbell | 12 €
- 16/8 India Martínez | 10 €
Hora
24 xullo, 2025 22:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
novembro



