ROY ELLIS & TRANSILVANIANS – A Movida

agosto, 2018

09ago22:00ROY ELLIS & TRANSILVANIANSCONCERTO | Desde 12,00 €22:00 La Fábrica de Chocolate

Máis

Detalles do evento

Roy Ellis, tamén coñecido como Mr. Symarip, vendeu máis de 7.000.000 de copias do seu clásico “Skinhead Moonstomp” dende 1969 ata o día de hoxe no selo Trojan Records, un álbum que nunca se descatalogou. The Boss is Back, o seu último disco, preséntanos doce novas cancións cheas de ritmos reggae, rocksteady, soul e ska. Trátase do artista xamaicano clásico que máis actúa en directo hoxe en día, dende que volveu aos escenarios hai uns anos, editando o seu anterior álbum (2007) en tres continentes diferentes e actuando por todo o mundo, incluíndo paises como Xapón, México, USA, Colombia e por suposto por todos os cantos de Europa. A súa primeira gravación data do ano 1964. Ellis, un adolescente xamaicano emigrado en Londres, publicaba as suas primeiras composicións acompañado polo mellor da escena xamaicana de tódolos tempos: Ernest Ranglin a guitarra, Georgie Fame ao órgano, Tony Washington ao piano, Eddie ‘Tan Tan’ Thornton a trompeta, Rico ao trombón, Sonny Burke ao saxo. Nesta velada estará moi ben acompañado pola banda galega Transilvanians, cos que xa gravou en 2012 un single e leva xirando por toda España e países como Francia ou Alemaña estes últimos anos. Actualmente preparan xunto a Roy o seu novo disco que gravarán en Vigo.

Transilvanians é un septeto formado en Vigo en 2004 integrado por músicas de diversas procedencias cunha pasión común pola música negra de raíz, o western, a ciencia ficción ou o xénero de terror.

Hora

(Xoves) 22:00

Lugar

La Fábrica de Chocolate

Calle de Rogelio Abalde 22, 36201, Vigo, Pontevedra, 36201 Vigo, Pontevedra

X