Roteiro Vigo Pesqueiro: DE PORTO CULTURA Á PRAZA DA ESTRELA – A Movida

agosto, 2020

bannerRevistaOnline

01ago19:00Roteiro Vigo Pesqueiro: DE PORTO CULTURA Á PRAZA DA ESTRELAACTIVIDADES DEPORTIVAS | 8,00€19:00 Porto Cultura

Máis

Detalles do eventos

A Fundación para la pesca y el marisqueo, Fundamar, organiza un ano máis unhas xornadas Vigo Pesqueiro para amosar á poboación a riqueza do entorno costeiro da nosa cidade: os faros, os asteleiros, o cable inglés e as praias que configuran o patrimonio marítimo vigués.

O sábdo 1 de agosto, ás 19.00 realizarán o roteiro titulado: De Porto Cultura á praza da Estrela.

Este percorrido terá o punto de encontro en Porto Cultura, antiga nave de redeiros, e onde nos agardan as aventuras dun intrépido navegante galego “Gonzalo de Vigo” que xunto con outros mariños embarcouse con Magallanes ata as Molucas. Moi preto del, agárdannos as historias do Cable Inglés e o cable Alemán, de cando as noticias do mundo pasaban Vía Vigo. O Porto foi importante para a pesca, e non só, posto que Vigo foi tamén un importante porto de emigración a finais do XIX e do séc XX. Polo Paseo Marítimo irémosnos encontrando con esculturas como o Bañista e o Nadador, de Francisco Leiro, ou como Jules Verne que nos falará dos misterios que a nosa ría agocha. Remataremos na Praza da Estrela, onde se atopa a sede da Autoridade Portuaria.

Cada actividade ten un custo de 8€, salvo para os menores de 12 anos, que poderán asistir de xeito gratuíto. As persoas que desexen participar, poderán reservar a súa praza a través do enderezo electrónico info@vigopesqueiro.com ou o teléfono 610 312 685. As prazas son limitadas.

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Porto Cultura

36202 Vigo, Pontevedra

X