CONGRESO MAR >

28mai18:00O IES Alexandre Bóveda organiza un roteiro por Coia aberto á cidadaníaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00) IES Alexandre Bóveda

Detalles do eventos

Trátase dunha ruta guiada polo barrio de Coia organizada polo IES Alexandre Bóveda, que este ano celebra o seu 50 aniversario. O roteiro ten como obxectivo dar a coñecer a historia social e comunitaria da zona, a súa riqueza toponímica e o seu valor medioambiental, entre outros aspectos. Esta actividade está aberta a toda a comunidade educativa, á veciñanza e, en definitiva, a calquera persoa interesada en descubrir un pouco máis a fondo un dos barrios con máis personalidade de Vigo.

O roteiro comeza no IES Alexandre Bóveda e remata no parque da Bouza, cunha duración aproximada de dúas horas.

Máis información

Hora

28 maio, 2026 18:00(GMT+02:00)

Localización

IES Alexandre Bóveda

Other Events