PORTAMERICA >

13abr16:30Roteiro polo litoralPEQUERRECHOS | De balde16:30(GMT+02:00) Campo de Futbol de Comesaña (A Xunqueira)

Detalles do eventos

O Venres 12 hai un obradoiro de esgrima a cargo do Club de Esgrima Cidade de Vigo, dirixida a crianzas de 4 a 12 anos. Terá lugar ás 16:30h, no local da Rúa Doutor Corbal 102 no barrio de Teis. O único requisito, levar roupa cómoda e ganas de descubrir algo novo!. Despois da atividade haberá tempo para compartir un anaco de lecer, xogar ou escoitar música , quen o desexe, pode tomar unha merenda que haberá alí preparada, con froita e cousas doces e salgadas.

Ó día seguinte, Sábado 13, faremos un roteiro polo litoral de Vigo, pola xunqueira do Lagares ata Toralla. A saída será desde o campo de fútbol do Comesaña, ás 16:30h da tarde e iremos ata a vila romana de Toralla. Intentaremos avisar aves, embarcacións tradicionais e sitios arqueolóxicos, todo da man do noso guía Xoán Colazo, autor do libro “Cento doce viaxes na miña terra”. En caso de moita choiva adiaremos a atividade, avisando nas redes sociais.

Ambas actividades son gratuitas. Para calquer dúbida, así como para a inscripción, contactar co teléfono 665171146.

Hora

13 abril, 2024 16:30(GMT+02:00)

Localización

Campo de Futbol de Comesaña (A Xunqueira)

36213 Vigo, Pontevedra

Other Events