xullo, 2019

31xul21:00Roteiro 'Misterios e lendas'ACTIVIDADES PARA O COCO | Caixa inversa21:00 Porta do Sol

Máis

Detalles do evento

Saídas: Desde “O SIRENO” da Porta do Sol

Hora: 21 h

Días: Baixo demanda e datas sinaladas, próximos roteiros venres 19 de xullo, Domingos 21 e 28 de xullo e mércores 31 de xullo

Prezo: Formato freetour, baseado exclusivamente en propinas

Duración: 1 hora e media

Galicia é un lugar máxico, e Vigo e a súa lendaria baía esconden como non podía ser doutra maneira multitude de mitoloxía e lendas que farán voar a túa imaxinación. Percorre á noitiña lugares cheos de misterio, déixache levar polas estreitas rúas do casco lanuxe mentres coñeces historias sorprendentes e algunhas sorpresas…

Durante o roteiro de ao redor dunha hora e media coñeceremos a fondo a Galicia celta, unha das zonas máis pagás do mundo, motivo principal da chegada do Apóstolo Santiago e a cristiandade ata estas terras do fin de mundo que aínda que apenas se coñece, tivo precisamente aquí na Ría de Vigo tivo un dos seus capítulos máis destacados. Falaremos de meigas e milagres, de illas dos deuses, vampiros, lobishomes, tesouros e mesmo de monstros mariños… e é que xa o dixo o capitán Nemo en “Vinte mil leguas de viaxe submarina”: “Estamos na baía de Vigo e só de vostedes depende descubrir os seus misterios”…

Reserva a túa praza: freetourvigo@gmail.com | 654 22 69 94

Hora

(Mércores) 21:00

Lugar

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

X