
Roteiro literario “Vigo teatral a través do tempo”
Detalles do eventos
Un itinerario dedicado ao “Vigo teatral a través do tempo” abre este próximo domingo 29 de maio a V edición dos Roteiros Literarios que a Deputación de Pontevedra
Detalles do eventos
Un itinerario dedicado ao “Vigo teatral a través do tempo” abre este próximo domingo 29 de maio a V edición dos Roteiros Literarios que a Deputación de Pontevedra desenvolve en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
O percorrido durará hora e media a partir das 11.30 h do domingo 29 de maio. Hai un total de 25 prazas e as persoas interesadas poden inscribirse no formulario dispoñible na web www.depo.gal a un máximo de dúas rutas por persoa.
Vigo teatral estará conducido por Ana Abad de Larriva e terá como lugar de saída da Porta do Sol, para rematar no Club Náutico. A autora amosará ás persoas participantes diversos espazos que lles achegarán a estreas, pezas, artistas e compañías que nutriron e nutren a vida cultural da urbe.
Abad é titulada superior en Arte Dramática e licenciada en Xornalismo. Doutoranda en Comunicación na Universidade de Vigo, desenvolve a súa investigación no eido da teoría teatral e publica artigos especializados en artes escénicas en diferentes medios, ademais de compaxinar o seu labor na comunicación coa creación escénica e literaria e coa docencia.
Máis
Hora
29 maio, 2022 11:30(GMT+01:00)
Localización
Porta do Sol
Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes