bannerGaliciaIlusiona
bannerLatitudes

27xul20:00ROTEIRO LITERARIO 'A PRAIA DOS AFOGADOS'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Nigrán

ROTEIRO LITERARIO 'A PRAIA DOS AFOGADOS'

O Concello de Nigrán renderá homenaxe este mércores ao que considera o seu escritor Domingo Villar co roteiro literario ‘A praia dos afogados’, novela negra na que o municipio xoga un papel moi destacado. A mesma andaina repetirase o 31 de agosto e o Concello a incorporará aos seus roteiros habituais con material informativo específico. Os interesados deben presentarse con roupa e calzado cómodo ás 20:00 horas na Praia da Madorra.

Os asistentes descubrirán e coñecerán os lugares nos que transcorre a trama do libro ‘A Praia dos Afogados’. Por iso se iniciará na Praia da Madorra, onde aparece o corpo sen vida de Xoán Castelo ‘O Rubio’, continuará no porto pesqueiro para coñecer un pouco a vida dos homes do mar, as embarcacións e edificios dos que Villar fai alusión no seu libro, e posteriormente, e tal como fixo Leo Caldas, os asistentes camiñarán ata o Templo Votivo do Mar, desde onde se dirixirán ao lugar onde aparece a barca afundida de Castelo, aos pés do Faro de Punta Lameda.

Máis

Hora

(Mércores) 20:00

Localización

Nigrán

Playa América, Nigrán, Pontevedra Areosa, 2, Nigrán

X