Detalles do eventos
A veciñanza de Navia, a través da recén formada Plataforma Vigo Verde / Salvemos a Barroca, continúa a realizar eventos de concienciación para salvar da
Detalles do eventos
A veciñanza de Navia, a través da recén formada Plataforma Vigo Verde / Salvemos a Barroca, continúa a realizar eventos de concienciación para salvar da corta a Carballeira de Casaliños, que o Concello de Vigo quere arrasar para construír o Vigo Arena, un grande espazo onde celebrar eventos multitudinarios. Esta acción educativa participativa, proposta por academiadeplantas.es (César Lema e Goja), quere poñer en valor a carballeira o sábado 23 de marzo partindo ás 11.00 da Alameda de San Paio de Navia (das 11 ás 14 horas aproximadamente).
César Lema é doutor en bioloxía e un home xa moi recoñecido polo seu labor divulgativo e polas súas publicacións sobre a cociña bellotera, autoconstrución de cociñas solares ou o manual para rodar con aceite vexetal, entre outros. El é un gran coñecedor de plantas silvestres comestibles. Gorja é unha muller de orixe finlandés. As súas avoas eran herboristas, unha de tradición chamánica e outra de tradición nórdica. Interesouse pola tradición poñendo mente ciéntifica e especializouse en bioquímica de plantas.
A acción consistirá nun roteiro pola carballeira no que identificaremos prantas silvestres e coñeceremos os seus posibles usos mediciñais e culinarios. A partir das 12.30 horas haberá unha mostra/exposición da cociña feita con landras, café e licor de landras (cada quen ten que traer o seu propio vaso).
Inscríbete en salvemosabarroca@gmail.com (actividade apta para crianzas).
Hora
23 marzo, 2024 11:00(GMT+01:00)
Localización
Alameda de San Paio de Navia
36212 Vigo, Pontevedra

