Roteiro do Entroido: orixes e tradicións

12feb11:00Roteiro do Entroido: orixes e tradiciónsACTIVIDADES PARA O COCO | 10,00 €11:00(GMT+01:00) Praza da Igrexa (A Colexiata)

Detalles do eventos

Estreada o ano pasado, neste 2023 Vigo Turístico mellora e relanza a súa proposta cultural para o Entroido cun roteiro a pé polo centro histórico no que todos os participantes afondarán na orixe e nas tradicións desta celebración tan importante e ao mesmo tempo tan pouco coñecida. Vigo e Galicia teñen moito que contar arredor do Entroido coma unha das datas e festas tradicionais máis nosas máis alá das típicas máscaras ou disfraces.

Un paseo por Vigo para coñecer mellor aos Merdeiros, a tradición do Meco, ou o porqué do enterro da sardiña, ademais de varios sucesos tráxicos ocorridos na cidade durante esta celebración pagá… Un novo roteiro temático concibido por e para viguesas, que nos fará sentir na pel de personaxes típicos do Entroido.

A programación de festexos é grande pero o descoñecemento xeral a súa orixe e as tradicións galegas e locais, tamén. É por iso que desde Vigo Turístico e a guía Aisa Domínguez de Zona Meiga unen forzas para crear este roteiro e encher ese espazo baleiro.

Catro datas para facer a ruta:

  • SÁBADO 11 ás 17h
  • DOMINGO 12 ás 11h 
  • SÁBADO 18 ás 11h
  • DOMINGO 19 ás 17h

Máis información e inscricións na web de Vigo Turístico.

Máis

Hora

(Domingo) 11:00(GMT+01:00)

Localización

Praza da Igrexa (A Colexiata)

Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events