Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas: Canto libre – A Movida

xullo, 2018

27xul21:00Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas: Canto libreCONCERTO| De balde21:00 Museo do Mar

Máis

Detalles do evento

Os concertos que realizan Rosa Leiro (Canto) e Juan Carlos Cambas (Piano) abordan cancións que fan voar o alma dos espectadores a diferentes paisaxes de Latinoamérica e Galicia, cun repertorio de World Music, entre o tradicional e o inédito, todos con arranxos orixinais en piano, especialmente realizados para elo.

O concerto comeza cun segmento instrumental de folklore arxentino que realizará Juan Carlos xunto a Manolo Gómez en Charango. O charango é unha especie de pequena guitarra americana que descende da Vigüela ou do Timple canario. Este instrumento transportaranos á sons da puna en ritmos coma: Carnavalito (El Humahuaqueño), Cueca norteña (La bolivianita) ou el Yaraví (El Cóndor pasa).

Arxentina e Latinoamérica unida en cancións como Gracias a la vida (Violeta Parra / Chile), Solo le pido a Dios (León Gieco), Balada para un loco (Astor Piazzolla), Los ejes de mi carreta (Atahualpa Yupanqui) ou La vida (Silvio Rodríguez / Cuba), etc.

Sen dúbida, o espectáculo fainos viaxar aos múltiples paisaxes galegos, ás rúas de Bos Aires e á Arxentina interior, e a distintos lugares de América. Personalidade, forza, sentimento e orixinalidade nun show que intenta achegar a través da voz e o piano, o máis selecto da música das dúas orillas atlánticas.

Hora

(Venres) 21:00

Lugar

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

X