
Detalles do eventos
Root Electronic: Reynier Aldana & Lindiana Murphy xunto ao acompañamento de Alex- Sax- Party o 22 de xuño a as 21:30 no Acuario (Pizarro, 35).
Detalles do eventos
Root Electronic: Reynier Aldana & Lindiana Murphy xunto ao acompañamento de Alex- Sax- Party o 22 de xuño a as 21:30 no Acuario (Pizarro, 35). Unha inmersión electrónica de raíz toda unha experiencia sonora entre melodías, danza e poesía. Entrada 8 €
Lindiana Murphy, cantautora cubana, graduada de Nivel Medio Superior na especialidade de Canto, que recentemente chega a España, cunha ampla carreira. É Produtora
Musical,Compositora , Arreglista e Vocalista de 5 Discos, dous deles asinados coa Disquera Cubana Colibrí, ademais do disco Terras, que foi producido en África pola disquera angolana, Letras&Sons, logo de participar no Festival “23 de Marzo’’ en Angola,con asistencia de máis de 45000 persoas.
O seu último álbum gañador do Premio Cubadisco 2023, que é o máis importante Festival do disco en Cuba, abordando unha interesante unión de Música electrónica con Poesía musicalizada, homenaxe a José Saramago escritor português Prêmio Nobel de literatura, este disco foi lanzado no Festival Dás Marias en Alentejo, Portugal e financiado polo Instituto de Camões xunto ao Ministerio de Cultura de Cuba
Virou internacionalmente en países como Rusia , Italia, Portugal, Angola , Namibia, ademais de actuar en moitos dos teatros máis importantes da Isla, a súa música foi amplamente divulgada en Radio e Televisión Cubana.
Reynier Aldana: Nacido na Habana, Cuba en 1982 e criado no barrio de Nuevo Vedado, iníciase no camiño da música cubana como percusionista aos 14 anos e máis adiante esperta o seu interese pola guitarra grazas ao seu irmán maior. No 2003 funda a banda MATE presentándose en diferentes festivais ao longo de toda Cuba mesturáronse xunto ao rapero Kumar tendo boa acollida ao longo de toda Cuba e chegando a ter unha colaboración coa banda Ojos de Brujo.
Aos poucos e canción tras canción, empeza a defender a súa proposta cantando e acompañado dunha guitarra.
Pisa terras Galegas buscando novas linguaxes dentro da música e chega a crear a súa banda por estas terras. Colaborou en diversos proxectos xunto a Alejandro Vargas e músicos da escena galega como Woyza, Sheyla Patricia e colaborando en producións musicais coa o2 o Aldeán, Jhamy, Amaury Muros, Kamankola.
Actualmente forma parte da única banda de afrofunk residente en Galicia LAYUCA co cal están a gravar o que sera o seu disco de longa duración.
Na súa música atópanse ritmos africanos, pop rock, funk, boleros e, ás veces, con sonoridades electrónicas, todo isto aderezado con conceptos da música cubana
Máis
Hora
22 xuño, 2024 21:30(GMT+02:00)
Localización
La Pecera
Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra