REVISTA FEBREIRO

25xan17:0020:00Certame de rondallas nas TravesasESPECTÁCULOS | De balde17:00 - 20:00(GMT+01:00) Pavillón das Travesas

Detalles do eventos

O alcalde, Abel Caballero, vén de anunciar a celebración dun novo certame de rondallas este domingo 25 de xaneiro no pavillón das Travesas. En palabras do rexidor “O certame celebrado en Navia (o 10 de xaneiro e no que participaron as catro rondallas de Vigo) quedouse pequeno” e por iso desde a entidade municipal animáronse a acoller este segundo evento no que participarán as rondallas procedentes do propio concello de Vigo e os de Tui, Nigrán e Redondela. En total participarán sete agrupacións: Rondalla do Centro Cultural de Beade, Rondalla Helios de Bembrive, Rondalla do Centro Cultural de Valadares, Rondalla San Mamede de Zamáns, Centro Cultural Parada do Miñor en Nigrán, Rondalla O Mosteiro Pexegueiro de Tui e a Rondalla San Martiño de Ventosela de Redondela.

Curiosamente, quedan fóra do certame as rondallas de Santa Eulalia de Atios, Pontellas e Santa Eulalia de Mos gañadoras o pasado domingo no concurso do Ifevi organizado pola Xunta de Galicia, ao que o alcade Abel Caballero non acudiu. Neste novo evento rondalleiro tampouco estarán as outras rondallas dos concellos de Mos (Torroso, Guizán e Herville) e Porriño (Santa María), nin as de Gondomar (Vincios e Chain).

O certame arrancará ás 17:00 h da tarde e é de entrada gratuíta ata completar o aforo do pavillón.

Hora

25 xaneiro, 2026 17:00 - 20:00(GMT+01:00)

Localización

Pavillón das Travesas

Av. de Castrelos, 1, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events