Detalles do eventos
O Centro Comercial Gran Vía en colaboración con AsTEAVi, Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo, acolle a partir do martes 2 de abril
Detalles do eventos
O Centro Comercial Gran Vía en colaboración con AsTEAVi, Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo, acolle a partir do martes 2 de abril unha exposición fotográfica de Paula Verde, fotógrafa e socia desta asociación.
Ata o día 16 de abril, na planta 2 do centro comercial, poderase visitar de forma gratuíta a exposición,
que convidará á reflexión a través de dúas liñas de traballo baixo una mesma temática. Ambas tratan de explicar e dar visibilidade ao autismo como condición de vida, lonxe de etiquetas e falsos mitos, nun percorrido entre o artístico e literario ata o estritamente técnico.
Como a propio lema deste ano reflicte, o autismo está moi preto de cada un de nós, pois está presente no 1% da poboación. Con esta acción preténdese concienciar e sensibilizar á sociedade sobre o espectro e a súa variabilidade.
Hora
2 abril, 2024 10:00 - 16 abril, 2024 13:00(GMT+02:00)
Localización
C.C. Gran Vía
Rúa do Miradoiro, 2, 36210 Vigo, Pontevedra

