REVISTA FEBREIRO

15xan(xan 15)18:3018(xan 18)20:00Romaría de San AmaroAS NOSAS FESTAS | De balde18:30 - 20:00 (18)(GMT+01:00) Matamá

Detalles do eventos

Volve este ano unha das festas tradicionais máis icónicas da cidade, Matamá celebra San Amaro con citas relixiosas e músicais. A festa é na honra do santo que se dicía obrou milagros curativos, é unha das tradicións máis arraigadas e a festa popular que abre o ano.

Cada día contará con distintos eventos:

Xoves 15 de xaneiro
12:00 h: misa solemne cantada pola Coral Atlántida e actuación musical da charanga Va K Pinta durante todo o día.

19:00 horas: concerto de Mostrencos na Carpa do CRAC Atlántida.

Venres 16 de xaneiro
A partir das 21:30 h: Festival Folk, con Grupo de Gaitas Atlántida e Cantareiras Atlántida, Setecuncas e Algarabía.

Sábado17 de xaneiro
A partir das 23:00 h: concerto de Q + Da e Storrentos.

Domingo 18 de xaneiro
12:30 h: misa solemne cantada, seguida da tradicional sesión vermú coa charanga Vai de Baile.

14:15 h: V Festa do Cocido, con menús de adultos por 30,00 € e infantís (ata 12 anos) por 15,00 €. Reservar contactando ao 722 87 50 29 ou 657 81 39 70.

16:30 h: actuación de Dúo Dinamita.

A partir das 18:00 h: desfile de rondallas desde a capela ata o terreiro.

Hora

15 xaneiro, 2026 18:30 - 18 xaneiro, 2026 20:00(GMT+01:00)

Localización

Matamá

Rúa de Manuel Cominges, 18, 36213 Vigo, Pontevedra

Other Events