
Romería feita a man
Detalles do eventos
[ACTUALIZACIÓN: Evento cancelado por mor da previsión meterolóxica. A próxima edición da Romería Feita a man terá lugar o domingo 2 de decembro.]
Detalles do eventos
[ACTUALIZACIÓN: Evento cancelado por mor da previsión meterolóxica. A próxima edición da Romería Feita a man terá lugar o domingo 2 de decembro.]
A Asociación Cultural Lideiras, organizadora do festival Picnic Sesións, embárcanse nun novo proxecto que inclúe, entre outras actividades, unha feira de artesanía de carácter mensual. A próxima edición da Romería feita a man é este domingo 5 de novembro no Parque Forestal de Saiáns.
O obxectivo deste evento e seguir promovendo a actividade nesta parroquia de Vigo, apostando por un evento que serva como punto de encontro para os artesáns. Nesta feira, que se celebra o primeiro domingo de cada mes, atopamos artesanía creativa, cervexas, queixos, repostería e verduras ecolóxicas.
Para esta edición do mes de novembro, farase uso do asador público para poñer á venda bocatas de chourizo e patacas; tamén se ofrecerá opción vegana. Ademais, ás 16:00 h a Comunidade de Montes de Saiáns haberá un magosto gratuíto para todos os asistentes, a cargo da Comunidade de Montes de Saiáns.
Tamén haberá actividade para a cativada cun espazo de xogo na natureza de 11:15 a 13:45 h para o que é necesario inscribirse a través de correo electrónico: aulaesquio@picnicsesions.gal
A asociación Cultural Lideiras ten como obxectivo dinamizar a parroquia de Saiáns a nivel social e cultural. En setembro comezaron un proxecto novo: Aula Esquío. Todas as fins de semana fan actividades ao aire libre para público familiar, os martes teñen tamén un Laboratorio de arte e natureza para os nenos e nenas. Todas as actividades teñen lugar no Parque Forestal de Saiáns para poñer en valor os nosos montes.
Máis
Hora
5 novembro, 2023 11:00(GMT+01:00)
Localización
Parque Forestal de Saiáns
36390 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual
Séguenos nas redes