A Romaría do pan de millo celebra 35 anos con música e boa comida
Detalles do eventos
O centro cultural e recreativo de Cabral organiza o domingo 27 de agosto no parque forestal de Cotogrande a 35 Romaría do pan de millo.
Detalles do eventos
O centro cultural e recreativo de Cabral organiza o domingo 27 de agosto no parque forestal de Cotogrande a 35 Romaría do pan de millo.
Esta Romaría naceu no ano 1.986 a partires da iniciativa e inquietude dun grupo de veciños para exaltar este producto da nosa terra galega. A festa transcurre ó longo do día, está adicada a todos aqueles que queren disfrutar dun bonito día de ocio ó aire libre, así como os amantes do monte e o agro, e poder contar cun gran número de asistentes. Os asistentes non teñen un límite nas idades, pois achégaronse familias enteiras.
Durante a xornada festiva ofrécese ó público unha degustación de sardiñas asadas, polbo a feira e empanadas xunto co producto estrela da festa: o pan de millo. Ademáis contarase, para a venda, con pan de millo e empanadas.
Programa:
12h – Grupo Etnográfico A Buxaina e Banda de música Unión Musical de Coruxo.
17h – Sesión baile con DJ para bailar, Grupo de canto Loureiro Verde do C.C.R.Cabral e grupo de gaitas Cotogrande do C.C.R.Cabral
20h – Grupo de R&R Y Pop Argonat Band de Torroso – Mos .
As persoas asistentes poden disfrutar da gran “Exposición dos productos dos campos”, a cal é posible grazas a todos aqueles que achegan os seus mellores frutos colleitados nas suas hortas
Temos, se realizará o sorteo dunha terneira ou 500€ (precio terneira) a través dunha rifa a 2,00€. Os sorteos faranse no recinto da festa.
Na festa tamén hai hinchables para os máis cativos, diferentes xogos, e postos de doces.
Máis
Hora
27 agosto, 2023 10:00 - 22:00(GMT+01:00)
Localización
Parque Forestal Cotogrande
Rúa da Becerreira, 183, 36318 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes