Romaría da Virxe do Alba e San Bartolomeu – A Movida

agosto, 2018

24ago09:00Romaría da Virxe do Alba e San BartolomeuROMARÍA | De balde09:00 Monte do Alba

Máis

Detalles do evento

A xornada festiva continúa o vindeiro mércores día 15 de agosto, coa subida dos santos á capela do Alba pola mañá ben cedo. Centos de devotos acompañan á virxe a pe no seu ascenso dende a igrexa de Santo André por todo o Monte Alba, que se fai un pouco máis levadeiro grazas á música dos gaiteiros e da charanga Los Imperiales.
As misas na súa honra celebraránse ás 9:00, 10:30, 11:30 e 12:30 pola mañá, e ás 18:00 pola tarde.

O mércores 24 de agosto tocaralle a quenda a San Bartolomeu, ao que acompañarán na subida a Charanga Vaite Xa!! e o son do ronco. O horario de misas é o mesmo, ademáis de contar nestas xornadas coas tradicionais poxas.

O viernes 8 de setembro será a Baixada dos Santos, coas tradicionais carrozas da comisión. A xornada estará amenizada polos grupos de gaitas Os Cipriáns de Freixo e Corvos da Veiga. Ademais, haberá misa na capela ás 12.00 horas, procesión ás 18.00 horas e misa na Igrexa ás 20.00 horas.

 

Hora

(Venres) 09:00

Lugar

Monte do Alba

Estrada do Monte Alba, 36315 Vigo, Pontevedra

X