novembro, 2018
24nov21:30Roller Fest IVFESTIVAL | Desde 8,00€21:30
Detalles do evento
Comprácenos anunciarvos a celebración dunha nova edición do Roller Fest o próximo sábado 24 de novembro cun concerto na Iguana Club. Confirmámosvos as actuacións de tres das máis destacadas bandas do
Máis
Detalles do evento
Comprácenos anunciarvos a celebración dunha nova edición do Roller Fest o próximo sábado 24 de novembro cun concerto na Iguana Club.
Confirmámosvos as actuacións de tres das máis destacadas bandas do punk rock galego actual: Última Sacudida + Bule + Nobody’s Fool
ÚLTIMA SACUDIDA. Banda de punk-rock formada en 2004 en Lalin, despois de xirar por Alemaña, Bélxica, Francia, Portugal e gran parte da península , volve despois dun parón de dous anos, con máis ganas que nunca.
BULE. Grupo que rinde unha inconsciente homenaxe ao 40 aniversario do estoupido musical de 1977 e a todas aquelas bandas que formaron parte del. Melodías contaxiosas, letras en galego e un montón de referencias cinematográficas, lúdicas e de experiencias vitais é o que podemos atopar nas súas cancións.
NOBODY’S FOOL. Nados en Donramiro, Galiza, no inverno de 2011 co obxectivo de escorrentar o frío e o aburrimento facendo Punk. Influenciados por bandas como The Crack, Darkbuster, La Resistencia, Keltoi ou Bouncing Souls… Non queren pasar á historia, somentes ser escoitados, estar xuntos, tocar na túa vila… Nada máis pero tampouco nada menos.
CARRAXE, URXENCIA E MELODÍA.
Entradas xa á venda.

Hora
(Sádado) 21:30