VIALIA
bannerPicnicSesions

Roger & Pedro

28abr19:30Roger & PedroCONCERTOS | De balde 19:30(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

Roger & Pedro farán una parada no escenario do Centro Comercial Vialia para amenizar a tarde do venres 28 coa súa música. O espectáculo comenza ás 19:30 h.

Que poden ter en común un violinista e director de orquestra caraqueño, de formación clásica, como é Pedro Montilla, con un trobador galego de música POPular , como é Roger de Flor? Pois ben, a resposta non pode ser máis sinxela: unha paixón e entusiasmo desmesurados pola música e o universo emocional que nela se agocha. Un encontro entre dous mundos aos dous lados do océano Atlántico, diferentes pero absolutamente complementarios: a saudade, retranca e tradición céltica de Roger xunto á exuberancia, alegría e virtuosismo tropical de Pedro. Dous músicos elegantes que farán as delicias do público con cancións en varios idiomas que van desde o folk-rock galaico ao folclore venezolano, do swing ao tango, do tropipop ao bolero e a bossa. Actualmente están a punto de iniciar Rodando Tour, unha serie de concertos que levarán a cabo ao longo dos próximos meses.

Máis

Hora

(Venres) 19:30(GMT+02:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events