REVISTA FEBREIRO

16xan19:00Rodrigo Riveiro 'Arte no refugallo'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

O ourive Rodrigo Riveiro, artífice da marca de xoiería “Ferraxes de prata”, Premio Artesanía de Galicia en 2017 e Premio Antonio Fraguas en 2020, destaca pola creación de pezas únicas a partir de materiais de refugallo.

Nesta conferencia contaranos como foron os seus inicios antes de ser xoieiro, como comezou co seu obradoiro e tamén como é o proceso de creación das súas xoias, centrándose na colección Louza, que realiza reciclando louza e cerámica rota ou estragada, creando con prata o engarce que a xungue nun proceso totalmente artesanal.