VIALIA
bannerPicnicSesions

Rodrigo Ramos

24mar21:30Rodrigo RamosCONCERTOS | Desde 10€21:30(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

O artista galego estará en concerto en Vigo o día 24 para presentar o seu último album ‘Claustrofobia’ en La Fábrica de Chocolate.

Tras máis dunha década formando parte de distintos grupos, Rodrigo Ramos inicia a súa carreira en solitario en 2015. Dous anos máis tarde, publica “Mirabas Almas”, disco debut co que fai gala da súa versatilidade en directo cunha xira de máis de cincuenta concertos por toda a península, tanto en formato banda como en formato acústico. “Mirabas Almas” aúna ao longo das 10 cancións que o conforman, unha especial simbiose entre a alegría das súas melodías e a crueza das súas letras, case como un antollo auditivo, camuflando realidades.

Xustamente, en canto a sons, Rodrigo atrévese a xogar co folk, o pop e o rock and roll ao seu antollo, deixando que as propias letras decidan que e como queren vestirse á hora de presentarse ante o público. En “Sol de Invierno”, Rodrigo Ramos ofrece un álbum cálido e altamente dotado no apartado vocal, con amables arranxos de piano e líricas reflexivas que evocan os claroscuros emocionais da nosa existencia. 2023 está listo para acoller a un artista que promete ser unha das grandes exportacións do territorio galego.

Se falamos concretamente de “Claustrofobia”, este ten influencias tanto do pop e o rock latinoamericano, así como da música anglosaxona de principios dos anos 90. Todo esto, sen perder a esencia anteriormente mostrada e característica dos seus dous traballos previos, sobre todo no apartado melódico e lírico.

As entradas deste concerto están á venta en wegow.com por 10€ máis gastos de xestión e 12€ en taquilla. 

Venres 24 ás 21:30h en La Fábrica de Chocolate.

Máis