REVISTA FEBREIRO

22xan21:30Rodrigo Ramos & Pablo CerviñoConcertos | 10,00€21:30(GMT+01:00) La Pecera

Detalles do eventos

Rodrigo Ramos iniciou a súa carreira en solitario en 2015. En 2017 publicou o seu álbum debut Mirabas Almas, un traballo que lle permitiu cantar por todo o territorio nacional. Dous anos despois chegou Sol de Invierno, un disco cun gran peso vocal, piano, órganos Hammond e guitarras eléctricas. O álbum foi ben recibido pola crítica e consolidou a súa identidade melódica e lírica. En 2023 publicou Claustrofobia, o seu terceiro traballo de estudo, con influencias do pop e do rock latinoamericano, así como da música anglosaxoa de comezos dos anos 90. Este último disco reúne dez cancións, catro en galego e seis en castelán, con colaboracións como a de Lucía Pérez en Nada Máis.

En 2025 presentou o sinxelo Se non fose por ti, que se suma a un repertorio que o artista empregará no directo da La Pecera de Vigo, acompañado por Pablo Cerviño.

Hora

22 xaneiro, 2026 21:30(GMT+01:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events