BIBOPALULA

15mai21:30RODRIGO RAMOS + ALI JOSSCONCERTOS | Caixa inversa21:30(GMT+02:00) El Contrabajo

Detalles do eventos

RODRIGO RAMOS lanza o seu novo sinxelo Se non fose por ti. No seu concierto en EL CONTRABAJO, estará acompañado de ALI JOSS.

Rodrigo Ramos, unha das voces máis persoais e recoñecibles da música galega actual. Vén de estrear o seu novo sinxelo: Se non fose por ti, unha peza delicada e fonda que fala do vínculo esencial con quen nos sostén cando todo se volve difuso. A canción sitúase nun territorio emocional onde a vulnerabilidade e a forza camiñan da man, entre o “ser sombra” e oatoparse a través do outro.Rodrigo Ramos representa unha xeración que aposta porfacer música desde o propio, sen complexos e con vocación universal. A súa proposta mestura a emotividade do pop contemporáneo, a forza das raíces e a influencia do rock latinoamericano, cunha atención especial á palabra e á identidade cultural.Desde o seu debut en solitario en 2015, percorreu máis de cincuenta escenarios por todo o Estado e publicou tres discos. No seu segundo álbum, Sol de Invierno (2019), colaborou con Guadi Galego, e en Claustrofobia (2023), sumou forzas con artistas como Lucía Pérez e mesmo levou á música un poema de Xosé Neira Vilas.

Máis

Hora

15 maio, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

El Contrabajo

Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events