Rock no Alboio

16out12:0021:00Rock no AlboioFESTIVAIS E FEIRAS | 15,00€12:00 - 21:00(GMT+02:00) Tui

Detalles do eventos

Rock no Alboio é unha xornada para palatear bo rock and roll no contexto da vendima nun territorio famoso polos seus viños Albariños e Condados. Nesta primeira edición queremos realizar unha aposta por visibilizar o traballo dos pequenos produtores locais, que realizan un traballo único coa representación dun total de seis adegas.

O evento terá lugar nas instalacións da Adega Corisca, en Baldráns (Tui) e nel contarase coa presencia dos responsables das adegas, que servirán e comentarán as peculiaridades  dos seus Albariños, Condados e Tintos, así como unha proposta gastronómica de proximidade e, por suposto, rock and roll.

Cartel:

  • 13.00 h Family Folks
  • 16.00 h The Lelli Kelly´s
  • 18.00 h The Bo Derek´s

Para completar a oferta teremos un monólogo a cargo de Suso Cortegoso, sesión Dj e algunha sorpresa máis.

Un pequeno festival para disfrutar dos viños do noso territorio, coñecer aos produtores e as suas propostas, bailar ao son de tres bandas moi divertidas e sentir o terruño desta parte da D.O. Rias Baixas.

Adegas convidadas:

  • Corisca 
  • La Val
  • Pazo Pegullal
  • María Bargiela
  • Angel Sequeiros
  • The Bargiela Bienati Winery

Máis

Hora

(Sábado) 12:00 - 21:00(GMT+02:00)

Localización

Tui

Rúa Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra

Other Events