VIALIA
bannerPicnicSesions

Rock in Patos

28ago21:00Rock in PatosFESTIVAIS E FEIRAS| De balde21:00(GMT+02:00) Nigrán

Detalles do eventos

O Concello de Nigrán recupera este sábado 28 de agosto con ‘Family Folks’ e a banda tributo a Leño ‘El tren’ o seu senlleiro festival ‘Rock in Patos’ (o ano pasado foi cancelado ante o incremento de casos Covid-19). Novamente, a zona do mercado de Patos (rúa Cansadoura) coas súas marabillosas vistas á praia de Abra, será o escenario elixido para que os amantes do rock gocen da música en directo. Esta terceira edición volverá a ser inclusiva grazas ás cinco mochilas vibratorias do Concello de Nigrán para o uso das persoas xordas, así, os interesados en empregalas deben solicitalas previamente no mail info@entresignos.com ou no whatsapp 690679675. ‘Rock in Patos’ volverá a unir ‘Rock&Food&Beer’ coa presenza de Capitán Filloa e Trisk-Ale cervexas.

O rock de raíces de Family Folks, presente nos seus dous discos ‘All the Lost Causes’ e ‘The Anvil Sea’, abrirá o festival ás 21:00 horas mesturando o seu son coas ondas do mar, o olor a salitre, a taberna, as raíces folk, as causas perdidas… O grupo está liderado por Bosco Hill (The Last But One, Hill & The Rebolution!) e Rubén Xuárez (Mec mecs, High Serras, Foggy Mental Breakdown) xunto aos irmáns Martín e Jorge López (Los Wavy Gravies, Dead Wood) na sección rítmica, Óscar Liboreiro na guitarra eléctrica e producción e Xabier Vieitez no teclado.

A continuación, sobre as 22:00 horas, Tucho Alonso á guitarra e voz, Bruno Alonso á batería e Joselo Gomez ao baixo e coros porán en marcha ‘El Tren’, considerada como a mellor banda tributo a Rosendo e os éxitos de Leño a nivel nacional, sendo habituais na escea viguesa. Xuntos revivirán á perfección temas míticos como ‘Maneras de vivir’, ‘Agradecido’, ‘Este Madrid’, ‘Flojos de pantalón’, ‘Sorpréndete’ ou ‘Qué desilusión’ .

A entrada será libre ata completar aforo.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Nigrán

Playa América, Nigrán, Pontevedra Areosa, 2, Nigrán

Other Events