Rocío Jurado, el musical
Detalles do eventos
Esta obra é un recoñecemento á inmensidade de Rocío Jurado que vive en tantas mulleres a través das súas cancións. A súa filla é a creadora desta peza
Detalles do eventos
Esta obra é un recoñecemento á inmensidade de Rocío Jurado que vive en tantas mulleres a través das súas cancións. A súa filla é a creadora desta peza teatral na que se homenaxea o legado dunha das mellorres voces da historia contemporánea a través da música. Unha historia de mulleres que anhelan triunfar para cambiar o mundo, cantada por unha muller excepcional, Anabel Donas.
Carmela é unha muller que admira a Rocío Jurado. Quere ser libre, sensual, valente e comprometida como ela. Quere ser irreverente, certeira e directa como as mulleres das súas cancións. O que non sabe, e descubrirá ao longo deste proceso, é que Rocío Jurado existe nela. O repetir tantas veces as súas cancións, os seus xestos e a súa forma de enfrontarse á música faralle vivir unha viaxe de achegamento ao seu referente. En pleno século XXI unha muller nova se redescubre na máis grande. Coma se fose un espello que reflicte o que quere ser e convérteo no seu presente. Nas máis de dúas horas que dura o espectáculo, con música en directo, Rocío Jurado faise visible nela. Desde os nervios dunha aspirante a un casting, como o era Rocío cando chegou a Madrid, ata a gran estrela na que se converte ao conseguir a oportunidade da súa vida. Nun diálogo constante co público, Carmela transmite as súas ilusións, os seus medos e canta para ser libre coa emoción que só se consegue a través da arte, a través das cancións que marcaron a unha xeración pero que seguen vivas na loita individual de tantas e tantas mulleres.
Venres 12 de maio, ás 20:30h no Teatro Afundación.
Máis
Hora
12 maio, 2023 20:30(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n
Hoxe móvese
Mes actualoutubro
Séguenos nas redes