CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Rilla na Rúa (Ramallosa)

21xul(xul 21)12:0025(xul 25)23:00Rilla na Rúa (Ramallosa)FESTIVAIS E FEIRAS | De balde12:00 - 23:00 (25)(GMT+02:00) Parque de A Ramallosa

Detalles do eventos

As foodtrucks do Rilla na Rúa volven aparcar un ano máis en Nigrán con propostas grastronómicas variadas e un programa cargado de actividades para toda a familia. Do 21 ao 25 de xullo, no Paseo da Ramallosa, o público poderá gozar de concertos, mercado de artesanía, actividades infantís ou Dj´s.

Este venres, inaugúrase xa o recinto ás 12:00h. coa apertura das foodtrucks e os markets. Ás 18:00h. haberá actividades infantís (carreiras de sacos, pintacaras, xogos tradicionais…) e, a partir das 22:00h., o público poderá gozar do concerto de “Dos en punto” e dun Dj.

O sábado, a partir das 12:00h., as actividades infantís combinaranse cunha sesión de “vermuteo” e o concerto de Mr. Magoo, ás 22:00h. A xornada finalizará cunha sesión DJ.

O domingo, ademais de gastronomía para todos os gustos e tendencias, haberá actividades para toda a familia durante todo o día que se pechará co concerto de “A banda senlleira de robacaballos” e un DJ.

O luns, véspera de festivo, ademais das actividades diarias, a xornada finalizará co concerto de “Dalsi” e sesión Dj.

E para rematar esta edición do Rilla na Rúa, o martes, Día de Galicia, as 14 foodtrucks seguirán ofrecendo as súas propostas gastro ata que finalice o concerto de Jacobo Sanz, ás 22:00h., e a sesión DJ.

Máis

Hora

21 xullo, 2023 12:00 - 25 xullo, 2023 23:00(GMT+02:00)

Localización

Parque de A Ramallosa

Paseo Torrente Ballester, 109, 36370 Nigrán, Pontevedra

Other Events